Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta aumenta as axudas da Política Agraria Común ata os 217 millóns de euros

A Xunta aumenta as axudas da Política Agraria Común ata os 217 millóns de euros

No 2023 triplicarán os apoios para a agricultura ecolóxica

G24.gal 15/03/2023 18:34 Última actualización 15/03/2023 19:27

A Xunta aumentará este ano as axudas da Política Agraria Común (PAC) ata os 217 millóns de euros. O presidente, Alfonso Rueda, di que o obxectivo é beneficiar 25.000 agricultores e gandeiros e que van triplicar os apoios á agricultura ecolóxica.

Explica Rueda que as axudas da PAC 2023 non se centrarán tanto nos requisitos que hai que cumprir para acceder a elas, senón na obtención de resultados concretos. Dos 217 millóns de euros convocados, 170 irán para axudas directas e o resto para fomentar accións vencelladas ao desenvolvemento rural, entre as que está a agricultura ecolóxica.

"Triplicamos as axudas do 2022, que eran de 3 M, e pasa a haber 9 M de euros dirixidos a axudas para o fomento da agricultura ecolóxica. Ese ano as solicitudes superaron con moito as cantidades dispoñibles e, polo tanto, na próxima convocatoria triplicaranse", di o presidente.

O xefe do Goberno galego tamén anunciou unha nova estratexia para apoiar os autonómos, á que a Xunta vai destinar 200 millóns de euros ata o 2026. Inclúe medidas para axudar á conciliación ou á remuda xeracional nos negocios.

Fermosismo no litoral

Son acordos aprobados no Consello da Xunta deste mércores, que lle deu ademais o visto e prace a destinar 6,5 millóns de euros a embelecer o litoral galego. Haberá axudas para rehabilitar espazos singulares, mellorar as fachadas marítimas ou corrixir impactos paixasísticos.

Poderán solicitalas concellos e establecementos turísticos. O obxectivo é rematar co feísmo na costa e fomentar un turismo sostible.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade