Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta aproba a creación do Observatorio Galego do Xogo

A Xunta aproba a creación do Observatorio Galego do Xogo

O Observatorio promoverá campañas de sensibilización e prevención por un xogo responsable e seguro

G24.gal 05/10/2025 18:15 Última actualización 06/10/2025 14:49

O Consello da Xunta aprobou este luns, na súa reunión semanal, a creación do Observatorio Galego do Xogo, que estudará e avaliará as políticas públicas neste ámbito para adaptalas ás demandas da sociedade.

A creación do observatorio é parte do camiño na procura dun entorno responsable e seguro que priorice a prevención e a protección dos usuarios. Os menores e os colectivos mais vulnerables son a prioridade, sobre todo nestes tempos en que o risco non son só as máquinas comecartos, os bingos e os casinos, senón tamén o xogo online e mesmo os videoxogos.

"Trátase dun organismo que estudará, avaliará e fará seguimento do sector do xogo en Galicia para garantir un modelo seguro e responsable. Este observatorio ofrecerá datos obxectivos e contrastables para adaptar as políticas públicas as necesidades detectadas", explicou o conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, quen este luns presidiu a xuntanza do Consello, pola ausencia de Alfonso Rueda. 

A Federación española de Xogadores de Azar rehabilitados calcula que case o un e medio por cento da poboación ten problemas de xogo. En Galicia serían unhas 20.000 persoas, das que só 1730 anotáronse no rexistro autonómico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade