Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta anuncia a creación dunha sociedade de vivenda pública

A Xunta anuncia a creación dunha sociedade de vivenda pública

A nova sociedade terá como obxectivo asumir "a promoción dunha parte das máis de 2.300 vivendas públicas nesta lexislatura"

Arquivo (Europa Press/Agostime) Arquivo (Europa Press/Agostime)
G24.gal 25/10/2024 13:32 Última actualización 25/10/2024 13:45

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, anunciou que a Xunta creará unha sociedade de vivenda pública para "o impulso efectivo de estratexia" neste ámbito.

Na súa comparecencia para expoñer no Parlamento os orzamentos do seu departamento para 2025, Martínez Allegue explicou que esta sociedade: "Vai ser a encargada de construír unha parte da vivenda pública que imos impulsar desde a Xunta de Galicia".

Neste sentido, a conselleira sinala que esta sociedade supoñerá unha "escisión" da entidade de Xestión do Solo de Galicia (Xestur), de forma que se vai separar a xestión de chan residencial da industrial. O obxectivo é que asuma "a promoción dunha parte das máis de 2.300 vivendas públicas nesta lexislatura", que se suman ás que xa promove o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).

Todo iso no que define como unha "partida histórica" de 241 millóns que a Xunta destina a políticas de vivenda e de urbanismo na comunidade galega para 2025.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade