Publicador de contidos

Publicador de contidos

G24.gal ofrece un novo deseño

G24.gal ofrece un novo deseño

A nova presentación responde á tendencia da comunicación cada vez máis dixital e interactiva 
 

David Fernández 27/10/2021 19:39

A Rede é o espazo con maior potencialidade de difusión para calquera tipo de contido, incluídas as noticias. A nova presentación da web G24.gal responde a esta tendencia da comunicación cada vez máis dixital e interactiva. 

A nova web mellora, sobre todo, a experiencia do usuario. Está adaptada a todos os dispositivos. Cun deseño máis innovador, desde agora vai ser moito máis doado atopar a información, que continuará ofrecéndose as 24 horas ao día.

Para facilitar esa difusión permanente, a plataforma de traballo da web permite o acceso directo de todos os profesionais das redaccións de informativos da Televisión e da Radio Galega.

O novo xestor ofrece a posibilidade de publicar en maior cantidade de medios en menos tempo, é dicir, que os xornalistas da TVG e da Radio Galega poden publicar os seus contidos con maior celeridade e simultaneamente en máis medios dixitais.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade