Cargando resultados...
A Xunta destaca o labor do Lar Galego de Pamplona na difusión da nosa cultura
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración celebra en Pamplona o 75 aniversario da entidade
G24.gal
24/05/2025 20:19
Última actualización 24/05/2025 21:05
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou hoxe nos actos conmemorativos do 75 aniversario do Lar Galego de Pamplona.
No palacio de Navarra, o conselleiro destacou o labor das distintas xeracións que construíron e mantiveron esta entidade a prol da difusión da lingua e tradicións galegas nesta comunidade.
Asegurou que a entidade é un referente dentro da rede de 65 centros galegos de España e trasladoulle o apoio do Goberno galego.