Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ceos solleiros e boa temperatura enchen os areais das Rías Baixas

Ceos solleiros e boa temperatura enchen os areais das Rías Baixas

Samil rexistra unha afluencia propia do verán, co termómetro próximo aos 25 graos

G24.gal 24/05/2025 22:10

Primeiro cheo da tempada nunha das praias máis concorridas de Galicia. Había gañas de voltar a Samil con todo o equipo acaído para un boa sesión de solarium natural e baño de auga salgada.

Non faltaron á esta primeira fin de semana con ambiente propio de verán os amigos do país veciño, visitantes fieis do areal vigués. E tampouco faltou algún estranxeiro de ruta polo norte.

Ourense rexistrou as temperaturas máis altas do día con ata 32 graos no val do Avia. Malia que nas Rías Baixas o termómetro oscilou entre os 20 e os 25 graos, a xente achegouse á beira do mar.

O domingo aparecerá algunha nube e o mercurio terá unha lixeira baixa, con todo a praia volverá ser un destino apetecíbel.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade