Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia está en alerta amarela por choivas e saraiba

Galicia está en alerta amarela por choivas e saraiba

A AEMET estima que poderían acumularse ata 15 litros por metro cadrado de chuvia nunha hora

As zonas especialmente afectadas son o interior e suroeste da Coruña, o centro e sur de Lugo, o noroeste e a zona do Miño en Ourense ou o interior de Pontevedra

directo Arquivo / Iñaki Berasaluce / Europa Press
G24.gal 09/05/2025 08:44

Galicia atópase este venres en aviso amarelo por fortes choivas e tormentas que poderán deixar saraiba miúda en boa parte do interior da comunidade autónoma, segundo as previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

A previsión é que se acumulen nunha hora ata 15 litros de chuvia por metro cadrado, ademais de tormentas e saraiba miúda.

Algunhas das zonas que se verán especialmente afectadas son o interior e suroeste da Coruña, o centro e sur de Lugo, o noroeste e a zona do Miño en Ourense ou o interior de Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade