Friol volve ao tempo dos castros no Friulio, onde se recrea a época galaicorromana
Na sétima edición da festa partipan máis de 500 persoas dunhas 30 entidades, que estiveron a traballar arreo nos últimos preparativos
Unha aldea poboada por irredutibles galaicos enfrontarase de novo ás lexións de Roma. Será esta fin de semana no Friulio, a festa que se celebra cada ano en Friol e que recrea a vida nun castro ou nun campamento romano.
"Pola mañá temos desfile de tropas, sobre as once e media, e despois temos unha escaramuza, e á tarde temos o asedio ao castro", explica José Barreira, da Cohors III Lucensium.
Nesta sétima edición do Friulio participan medio milleiro de persoas dunha trintena de entidades, que estiveron a traballar arreo nos últimos preparativos. Ademais, organizaron actividades para todos os públicos.
"Hai obradoiros de pulseiras de coiro, de peiteados celtas e de fiado, con distintas técnicas de tinguidos", sinala Lucía Ríos, tesoureira da asociación cultural A Castronela.
Un alxube galaico ou un espectáculo de gladiadores, entre outras sorpresas relacionadas coas vodas celtas, figuran entre as novidades que se poderán ollar nesta festa.