Publicador de contidos

Publicador de contidos

Poio homenaxea o seu veciño máis ilustre

Poio homenaxea o seu veciño máis ilustre

Defenden que Colón naceu en Portosanto, onde agora está a casa-museo 

Non consideran as probas de ADN concluíntes e insisten en que teñen moita documentación que acredita a orixe galega do navegante

Dende Poio invitan a achegarse á casa-museo Colón de Portosanto
G24.gal 09/05/2025 21:26 Última actualización 09/05/2025 21:34

Os veciños de Poio viaxan no tempo para recibir o que consideran o seu veciño máis ilustre: Cristovo Colón. Ademais do desembarco haberá numerosas actividades en Combarro, como a demostración dun canteiro, cetrería ou cestería. 

Aquí seguen defendendo a teoría de que Colon era galego e que naceu e viviu no lugar de Portosanto. Din que as probas de ADN non son concluíntes e apuntan sempre cara á figura de Pedro Madruga.

Dende Poio invitan a achegarse á Casa-Museo Colón de Portosanto para coñecer máis desta teoría do Colón galego.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade