Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aviso amarelo por treboadas en toda Galicia este venres

Aviso amarelo por treboadas en toda Galicia este venres

Agárdanse precipitacións intensas e treboadas localmente fortes nas catro provincias

Unha borrasca procedente de Portugal traerá inestabilidade desde o mediodía ata a medianoite

G24.gal 01/05/2025 16:38

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou un aviso amarelo por treboadas e chuvias intensas en toda Galicia para este venres, 2 de maio.

O aviso estará vixente desde o mediodía ata a medianoite nas catro provincias galegas. Prevese que as treboadas sexan localmente fortes e que se rexistren precipitacións superiores aos 15 litros por metro cadrado.

Un sistema frontal entrará polo sur

Segundo MeteoGalicia, unha borrasca entrará por Portugal e afectará a Galicia desde o sur, despois dun xoves de transición no que tamén se producirán algúns chuvascos illados.

As temperaturas mínimas subirán lixeiramente, mentres que as máximas se manterán sen cambios. O vento soprará de dirección variable, con predominancia do sur no interior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade