As Quendas de Mondoñedo celebran o día grande
Trátase dunha das feiras cabalares con máis tradición de Galicia
Día grande hoxe das Quendas de Mondoñedo, unha feira cabalar con séculos de tradición. Un evento con gran tradición no que ademais da exaltación dos equinos, que son os verdadeiros protagonistas, tamén se fai promoción das razas autóctonas.
Achégase xente de toda a comarca pero tamén da provincia e de fóra dela. "Veño de Guitiriz a participar no concurso de pura raza galega e tamén ver un pouco a feira e darlle unha volta aos rapaces", di un dos asistentes. "Veño por pasearme, eu estou retirado e xa nin compro nin vendo", comenta outro.
E é que o prato forte da celebración é a tradicional feira de gando cabalar, que este ano reuniu uns 200 exemplares. As transaccións que se realizan nesta feira cabalar son de exemplares principalmente de carne. " rincipalmente aquí véndese para carne, moi pouco para montura. E algo para criar", explican.
A celebración das Quendas remóntase varios séculos atrás, aínda que non tanto nin con tanta sona coma as San Lucas. "As San Lucas e mellor feira pero sempre vimos tamén as Quendas, por tradición e se de paso vendemos algo mellor".
Na feira tamén se promoven outras razas autóctonas coma o porco celta e gando vacún. "Traio reses limusín sobre todo para que a xente vaia coñecendo a raza y si se vende algo mellor ca mellor".
Feira tamén de artesanía e de produtos da terra. Tamén se celebra a corenta e unha edición da Festa da Empanada. Un programa festivo que inclúe actos culturais e literarios.