Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os contrasinais, unha fenda fácil para os ciberladróns; Mellor usar a biométrica

Os contrasinais, unha fenda fácil para os ciberladróns; Mellor usar a biométrica

Oito de cada dez roubos de datos son porque os ciberladróns entran a través dos contrasinais dos usuarios

Hai máis de 25 millóns de contrasinais roubados que están á venda ilegalmente na Internet

A biométrica, identificación por rasgos físicos, é moito máis seguro que os contrasinais

G24.gal 01/05/2025 13:46

Desde hai trece anos, hoxe, primeiro xoves do mes de maio, celébrase o Día Internacional do contrasinal. É unha chamada de atención para concienciar da importancia de elixir códigos o máis seguros posibles para garantir que os nosos datos están a salvo. Pero, nestes anos, co avance da evolución tecnolóxica, o asunto dos contrasinais deu un xiro. Pasaron de ser a barreira de seguridade principal dos usuarios, a xusto o contrario, o punto máis débil e por onde adoitan acceder á nosa información privada os que buscan roubar datos.

Oito de cada dez das veces nas que os ciberdelincuentes rouban datos persoais, acceden a eles a través das claves dos usuarios. Os contrasinais, por exemplo, de contas de banco, de teléfonos ou correos electrónicos son unha adiviña cada vez máis sinxela para os ciberladróns. Iso, por moi complicado que se pense que é o código elixido.

Aínda que hai que dicir que o código máis pirateado é o 123456. Hai case cinco millóns de persoas que teñen ese contrasinal nos seus dispositivos.

Hai claves sinxelas de adiviñar pero a cousa non vai de poñer nomes indescifrables. Moitos xigantes da Internet e a tecnoloxía insisten en que o máis seguro sería deixar de usar contrasinais e protexer os datos con sistemas automáticos de garantía.

Coa Intelixencia Artificial é cada vez máis doado, para os ciberladróns, adiviñar un contrasinal. Pero, tamén a tecnoloxía poder servir para automatizar a creación de claves seguras de identificación.

Poderíamos estar ante o fin dos contrasinais tal e como se usan agora. É importante lembrar que as claves non verifican a nosa identidade, outros poden suplantarnos usando eses códigos. Ante iso, a autentificación biométrica é moito máis segura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade