Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre Manolo 'O do Bombo', "un dos máis fieis seguidores" da selección española de fútbol

Morre Manolo 'O do Bombo', "un dos máis fieis seguidores" da selección española de fútbol

Tiña 76 anos, e estivo presente en dez fases finais da Copa do Mundo

Manuel Cárceles Artesero, coñecido como Manolo 'O do Bombo' (Europa Press-Arquivo) Manuel Cárceles Artesero, coñecido como Manolo 'O do Bombo' (Europa Press-Arquivo)
G24.gal 01/05/2025 13:51

O mítico seguidor da selección española Manuel Cárceles Artesero, coñecido como Manolo 'O do Bombo' morreu este xoves aos 76 anos, segundo confirmou a Real Federación Española de Fútbol (RFEF).

Manolo 'O do Bombo' é un dos seguidores "máis fieis" da selección española de fútbol, e estivo presente en dez fases finais da Copa do Mundo. "Sempre nos acompañou nas boas e nas malas. Sabemos que seguirás facendo retumbar os nosos corazóns. Descansa en paz, Manolo", reza o comunicado da RFEF.

Ademais, o Valencia CF, equipo do que era seguidor, tamén quixo trasladar as súas condolencias aos seus amigos, familiares e achegados. Mostras de agarimo ás que se sumaron outros equipos españois como Real Zaragoza, Córdoba CF, Cádiz ou Albacete.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade