Publicador de contidos

Publicador de contidos

Venda de drogas, pelexas e destrozos no edificio que alberga un narcopiso en Vigo

Venda de drogas, pelexas e destrozos no edificio que alberga un narcopiso en Vigo

Os veciños reúnen sinaturas para pedir máis vixilancia policial ao Concello

G24.gal 01/05/2025 15:41

Veciños dun edificio de Vigo levan anos sufrindo un pesadelo nas súas vivendas. Denuncian a existencia dun punto de venda de droga nun dos pisos do inmoble, e piden máis vixilancia policial para atallar as pelexas e os danos que causan nas zonas comúns do edificio.

 Para estes veciños a situación é insostible. A venda de sustancias estupefacientes nun dos pisos do edificio provoca un trafego constante de toxicómanos durante o día e a noite.

Os danos no portal, as pelexas e sobre todo a sensación de inseguridade manteñen ao límita aos veciños que xa recabaron sinaturas no barrio para pedir máis vixilancia policial ao concello. 

Os problemas no inmoble comezaron hai xa dúas décadas, pero a situación agravouse nos últimos anos.

As decenas de denuncias presentadas non conseguiron por agora solucionar o problema.

Malia que Instalaron cámaras de seguridade  e cristais laminados os afectados denuncian unha situación de total inseguridade.

O problema afecta tamén a contorna onde hai un edificio e unha escola infantil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade