Publicador de contidos

Publicador de contidos

O visor submarino Nautilus recibe unha bandeira azul

O visor submarino Nautilus recibe unha bandeira azul

É un espazo destinado á observación dos fondos mariños para toda a cidadanía

O Porto de Vigo destaca a súa labor divulgativa para coidar do medio ambiente

Recibiron máis de 75.000 visitantes e un centenar de colexios
G24.gal 07/05/2025 20:07 Última actualización 07/05/2025 20:32

As bandeiras azuis non só van para as praias, tamén se distingue o que chaman centros azuis: espazos dedicados á educación ambiental.

É o caso do visor submarino Nautilus, en Vigo, que permite ver o fondo mariño a través de grandes cristaleiras. O seu obxectivo é "que coñezan o océano e vexan a súa importancia e a do medio ambiente.

"Comprobar como un porto pode funcionar moi ben dende o punto de vista económico e ao mesmo tempo ser un lugar agradable para o medio ambiente", destaca Carlos Botana, presidente da Autoridade Portuaria de Vigo.

Nos dous anos que levan en funcionamento recibiron máis de 75.000 visitantes e un centenar de colexios.

Celso González é o director da Fundación Traslatio, que xestiona o Nautilos. Para el son importantes as vivencias dos visitantes: "Uns turistas o outro día puideron ver ata unha lontra pescando. Vimos cormoráns, robalizas, muxos... hai un pouco de todo".

Elisa Romero, técnico de proxectos de medio ambiente, é a encargada de guiar aos escolares nas súas visitas. Sempre recalca que "non é un acuario é observar a vida real e o que pasa en cada momento".

Un espazo aberto ao público nas fins de semana, con visitas de balde. A finais de ano, o porto abrirá un novo visor, máis grande nun faro na zona de Bouzas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade