A volta ao cole e retomar a rutina supón un cambio de horarios e de ritmo que afecta a toda a familia
A volta ao cole e retomar a rutina supón un cambio de horarios e de ritmo que afecta a toda a familia
Aos escolares tócalles madrugar e os pais teñen que organizarse cos horarios e as actividades extraescolares
Malia teren que adaptarse, as familia agradecen que os seus fillos volvan á escola despois de dous meses de vacacións
O máis complicado, din, é erguerse e deitarse cedo e saír e chegar a tempo ao colexio e aos traballos
O inicio do curso escolar obriga tamén a reorganizar horarios, desprazamentos e rutinas familiares. Entradas e saídas dos centros, actividades extraescolares e conciliación volven estes primeiros días de setembro.
"Ao principio sempre lles crea un pouco de ansiedade, por iso, de novo a rutina".
"O que máis lle custa a el... Volver levantarse pola mañá, deitarse á hora que se ten que deitar..."
"Os horarios ao traballar e ter que ir buscalo".
"Sobre todo os horarios e logo empezar coas actividades extraescolares".
Coa volta ás aulas toca recuperar os horarios, a organización e adaptarse de novo ás madrugas despois das vacacións. E algúns preferían... "Seguir de vacacións, e o cole tamén", di Caleb mentres xogaba co seu coche e a súa nai no parque.
Un cambio de ritmo que afecta a toda a familia non só a rapazada.
"Pasamos nunha etapa na que estamos total e absolutamente fóra de rutina e temos que volver a unha rutina, tanto rutina de sono, de planificación económica, de planificación de día..., entón afecta tanto a adultos coma a nenos, practicamente diría que por igual", explica Anxo Blanco Villaverde, psicólogo xeral sanitario.