Alfonso Rueda dá a benvida ao novo curso dende o colexio en que estudou
Este ano a volta ao cole vén acompañada de axudas ás familias e ao alumnado para libros, material e comedores e de matrícula gratuíta na Universidade
Este será o terceiro coa matrícula universitaria gratuíta en Galicia
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, dá a benvida ao novo curso, que será o terceiro coa matrícula universitaria gratuíta en Galicia.
A través dun vídeo gravado no centro SEI San Narciso de Marín en que el mesmo estudou, o xefe do Goberno galego anima o alumnado a "aproveitalo máis que para estudar".
A Xunta lembra que este ano a volta ao cole vén acompañada dun investimento da administración autonómica de 145 millóns de euros entre axudas ás familias e ao alumnado para libros, material e comedores e de matrícula gratuíta na Universidade.
Remarcan que nos últimos cinco cursos este orzamento aumentou máis dun 25%, o que permite chegar a máis beneficiarios.
Rueda animou os mozos a comezar este novo curso académcio "con ganas e aproveitarlo non só para estudar, senón tamén para facer amigos, descubrir o que vos gusta e ir atopando o camiño que ides seguir na vida", di no vídeo.