Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os universitarios cambian estes días a súa residencia habitual para comezar o curso

Os universitarios cambian estes días a súa residencia habitual para comezar o curso

Algúns tíñanlle tantas ganas a setembro que aproveitaron xa o primeiro día para desembarcar, tomar os seus primeiros cafés no campus ou localizar as facultades

G24.gal 01/09/2026 14:51

Cargados con maletas, material de estudo, pero sobre todo cargados de ilusión os estudantes universitarios cambian estes días a súa residencia habitual para comezar o curso. Moitos van ter por primeira vez a experiencia de non vivir cos seus pais.

Algúns tíñanlle tantas ganas a setembro que aproveitaron xa o primeiro día para desembarcar. Aproveitaron para os seus primeiros cafés no campus, localizar as facultades...

Moitos deles optan por compartir pisos cos amigos e outros, por residencias.

"Nós ofrecemos catro tipos de cuartos, todos con baño privado e unha cociña pequena. Hai opción e media pensión ou pensión completa. E destacamos por fomentar a vida comunitaria, con actividades en espazos comúns", destaca Beatriz Catoira, a directora da Residencia Lemonade.

As públicas abren a semana que vén, pero xa hai residencias, por exemplo a que ocupa agora o vello hospital xeral, que recibe os estudantes con ambiente de festa.

Chegan ansiosos polos novos estudos, e tamén por un cambio de etapa que promete unha vida máis propia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade