Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanidade inicia a toma de mostras da nova fase de Xenoma Galicia en Ourense, Verín e O Barco

Sanidade inicia a toma de mostras da nova fase de Xenoma Galicia en Ourense, Verín e O Barco

As extraccións de sangue comezarán este luns 7 de setembro no complexo hospitalario universitario de Ourense a aquelas persoas que fosen invitadas a participar. Posteriormente, realizaranse no hospital comarcal de Valdeorras

Imaxe de arquivo. CONSELLERÍA DE SANIDADE Imaxe de arquivo. CONSELLERÍA DE SANIDADE
G24.gal 06/09/2026 12:48

A Xunta iniciará este luns 7 de setembro a toma de mostras da nova fase do proxecto Xenoma Galicia nos distritos sanitarios de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Tal e como comunicou o Goberno galego, as extraccións de sangue comezarán no complexo hospitalario universitario de Ourense a aquelas persoas que fosen invitadas a participar e prolongaranse ata o 24 de setembro.

Posteriormente, realizaranse no hospital comarcal de Valdeorras os días 28 e 29 de setembro, e no hospital público de Verín do 30 de setembro ao 1 de outubro.

O horario para realizar a extracción, no caso de ter cita previa, será de 15:30 a 18:30 horas e non é necesario acudir en xaxún.

Para esta nova recollida de mostras enviáronse 2.706 invitacións para participar. 2.188 persoas pertencen ao distrito de Ourense, 277 ao do Barco de Valdeorras e 241 ao de Verín. Todo iso co obxectivo de conseguir a participación de 541 persoas: 438 de Ourense, 55 do Barco de Valdeorras e 48 de Verín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade