Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 25 de setembro, a sensoxenómica leva ao Auditorio de Galicia un novo experimento biomédico

O 25 de setembro, a sensoxenómica leva ao Auditorio de Galicia un novo experimento biomédico

A anterior edición de Sensoxenoma deixou importantes achados para as persoas con trastorno do espectro autista 

G24.gal 10/09/2026 14:32

Que Mozart tiña probablemente unha síndrome de Asperger, xa se sabía. E tamén que hai máis casos de oído absoluto en persoas do espectro autista. Agora chegan do IDIS evidencias da pegada molecular da música neses pacientes. Despois da análise da súas bágoas, recollidas no último concerto. 

"Analizamos proteomas nesas mostras, miles de proteínas e atopamos que existe un patrón de catorce proteínas na bágoa que responden de xeito diferencial. Sabiamos que dous deses xenes estaban relacionados co TEA pero do resto nunca se atopara asociación" , adiantou Antonio Salas, investigador principal de Sensoxenona. .


E a idea é que o seguimento deste fío sirva para atopar dianas diagnósticas ou mesmo novas terapias para disferentes doenzas.

"Podemos dicir que a Sensoxenómica converteu o Auditorio nun laboratorio, o concerto nun experimento e que transformou a música nunha pregunta científica. O que hai que matizar é que non dicimos que a música poida curar o alzheimer, o TEA ou o dano cerebral adquirido. Só que é un a paso previo para desvelar as bases biolóxicas desas patroloxías", engadiu Federico Martinón, nvestigador principal de Sensoxenona. 


Para coñecer mellor as doenzas e buscar xeitos de actuar.

60 institucións, 1.500 doantes e 20 asociacións de pacientes fan de Sesoxenoma un gran proxecto científico que xa cumpre cinco anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade