Publicador de contidos
Publicador de contidos

A viticultura nas Terras do Navia colle pulo con novas adegas e plantacións

A viticultura nas Terras do Navia colle pulo con novas adegas e plantacións

Xa hai cinco proxectos empresariais vencellados ao viño

Na zona hai 450 hectáreas aptas para viñedo

G24.gal 20/05/2024 21:29

Branco lexítimo e tinto serodio. Son as claves do éxito da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Terras do Navia. A recuperación desas castes autóctonas permitiu poñer en produción 22 hectáreas de viñedo que tiñan outro uso ou mesmo estaban a monte. Agora hai xa tres adegas e outras dúas están en proxecto. A mestura de viño e paisaxe tamén explica o éxito.

Nas beiras do río Navia hai ata 450 hectáreas de terreo que poderían converterse en viñedo. Polo de agora, a IXP aposta pola calidade máis que pola cantidade e por viños moi diferenciados. Malia ser unha das zonas máis remotas de Galicia, hai expectativas de crecemento.

A produción de viño nesta zona case desaparecera logo da construción do encoro de Grandas de Salime en 1955, pero agora vive un rexurdimento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar