Publicador de contidos

Publicador de contidos

A vinte días do Arde Lucus, en Lugo xa se aprecia o ambiente de festa

A vinte días do Arde Lucus, en Lugo xa se aprecia o ambiente de festa

Colectivos e particulares presentan as súas propostas de traxe para este evento que conmemora a época na que castrexos e romanos convivían na urbe lucense

eñen oportunidade de revivir a historia de Lugo a partir do 12 de xuño
G24.gal 23/05/2025 20:13 Última actualización 23/05/2025 20:50

Se aínda non ten traxe para asistir ao Arde Lucus, vaia buscando porque en vinte días comeza a festa en que castrexos e romanos conviven en Lugo.

Neste posto ao aire libre encontramos algunhas propostas, feitas polos alumnos dun taller que busca a inclusión de persoas de colectivos vulnerables.

Comenta Ana Bereciartua, da Federación de Asociacións de Ámbito Social de Lugo, que a súa colección de Tecer para medrar son traxes feitos en liño.

Na elección dos traxes cada vez se procura máis fidelidade á época histórica. É o caso da artesá Marga Portomeñe, que ensina traxes de donas "coas estolas en diferentes colas". 

Apréciase especialmente nas asociacións que encarnan romanos e castrexos. Di Miguel Alvelo, da Asociación Cohors III Lucensium que se documentan "con arqueólogos e membros doutras asociacións para que o uniforme romano de lexionario sexa o máis fiel" á época que representan. 

Teñen oportunidade de revivir a historia de Lugo a partir do 12 de xuño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade