A venda de coches usados medrou case un 5 % en 2021
Os motores diésel son os máis demandados
O ano pasado as vendas de coches usados subiron case un 5 % en Galicia. Adquiríronse máis de 121.000 vehículos de segunda man.
Segundo a Asociación Nacional de Vendedores de Vehículos, seis de cada dez transaccións en 2021 foron de unidades de ocasión. Os atrasos nas entregas dos modelos novos por mor da crise dos semicondutores é un dos motivos que explican a auxe deste mercado.
Diésel e usado é o vehículo máis demandado polas persoas que mercaron un coche en 2021.
As demoras pola falta de stock de coches novos a causa da crise dos microchips é unha das razóns que impulsan a venda de coches usados.
Cando as transaccións se fan entre particulares, aumenta a idade media dos vehículos. En toda España, o 60 % das operacións fixéronse con coches de máis de dez anos de antigüidade.