Publicador de contidos

Publicador de contidos

A veciñanza de Teis reclama solucións contra o ruído do tráfico na AP-9

A veciñanza de Teis reclama solucións contra o ruído do tráfico na AP-9

Preto 5.000 vivendas soportan a diario ruídos de 60 decibelios

Levan anos reclamando pantallas de protección acústica 

A AP9 en Teis
G24.gal 22/01/2022 15:55

O treito da autoestrada AP-9 ao seu paso por Teis é unha das 26 zonas incluídas no Plan de Acción contra o ruído elaborado en 2016 polo Ministerio de Transportes. Porén, a veciñanza segue agardando a que se coloquen pantallas de protección acústica.

"É de cachondeo que levemos tantos anos reclamando as pantallas e que non colocasen ningunha", comenta Julio González, membro da directiva da asociación veciñal de Teis.

"Recollíanse a nivel de Estado 26 actuacións contra a contaminación acústica e unha delas era no barrio de Teis. Afecta un número importante de veciños e veciñas", explica Anxo Iglesias, secretario da organización.

Segundo un estudo da propia concesionaria da autoestrada, preto de 5.000 vivendas soportan a diario ruídos de 60 decibelios, considerados como alta contaminación acústica.

O Ministerio de Transportes anunciou recentemente a instalación de pantallas de protección nas parroquias de Cabanas, Chapela e Santo Adrán de Cobres. A asociación veciñal de Teis considera unha discriminación que non se tome a mesma medida no seu barrio.

"No mes de novembro publícase no BOE que estaba a exposición pública o proxecto de instalación de pantallas desde Vilaboa ata Chapela, e unha vez máis deixábase o tramo de Teis sen pantallas. Parécenos unha discriminación", explica o secretario da asociación veciñal, Anxo Iglesias.

"Non é a solución enteira, pero parte da solución si. Son moitos os vehículos que pasan a diario por esta autoestrada", comenta Julio González.

A asociación veciñal reclama tamén a mellora dos pasos elevados sobre os camiños da Xorxa e A Trapa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade