Publicador de contidos

Publicador de contidos

Continúan os afundimentos no aparcadoiro da estación de tren de Vilagarcía

Continúan os afundimentos no aparcadoiro da estación de tren de Vilagarcía

 ADIF cre que o problema vén de que toda a zona está afectada pola presenza de augas subterráneas

G24.gal 09/05/2025 15:58

Na praza da Estación de Vilagarcía continúan os problemas co pavimento que segue colapsando.

Segundo fontes do ADIF toda a zona está afectada pola presenza de augas subterráneas.

Poderían ser as causantes da rotura do colector situado baixo a praza.

Confirman que están traballando para volver ter operativos tanto o colector como os aparcadoiros en superficie.

Non descartan acometer obras de maior calado.

Os veciños quéixanse de non ter onde aparcar e están preocupados porque xa no 2019 se afundira o pavimento provocando unha fochanca duns 10 metros cadrados de superficie e 2 de profundidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade