Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños de Esmelle temen que a falta de limpeza das estradas provoque algún accidente

Os veciños de Esmelle temen que a falta de limpeza das estradas provoque algún accidente

A veciñanza urxe o Concello a limpar as vías

G24.gal 08/06/2022 14:24

Sen sitio para os peóns, Miguel e Manuel camiñan polo medio da vía ao tempo que vixían que non veñan coches.

"Paseamos porque somos moita xente maior pero a verdade é que por moitos sitios xa é complicado.  Se te cruzas cun coche pois hai que apartarse con moito coidado".

Este ano non se fixeron as cortas,  supón un  perigo e o que queremos é que se realicen.
Algúns xa se puxeron mans á obra para poder pasar para a casa co coche.

"Coas herbas vén o coche cos sensores "pipi" "pipi" a cada momento.  Naquela curva o outro día a min déronme  no espello.


Din que nesta estrada de acceso ás praias, o tráfico aumenta nestes meses.

"Hai puntos onde xa non falamos de que se crucen os coches, son lugares onde  non se ven os límites da estrada e pode haber algún accidente importante".


Urxen o Concello de Ferrol a limpar as vías. Confían que antes do San Xoán, que celebran a festa na parroquia, os problemas estean arranxados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade