Cargando resultados...
A Universidade de Vigo descifra os factores que determinan a felicidade
A Universidade de Vigo descifra os factores que determinan a felicidade
A felicidade, igual ca moitas cousas nesta vida, está determinada polas matemáticas
As opinións sobre a felicidade moi diversas
G24.gal
04/05/2023 22:41
Hai quen pensa que é difícil atopar a felicidade. Pois ben, uns profesores de matemáticas da Universidade de Vigo acaban de descifrar os factores que a determinan.
Gobernos e empresas conceden cada vez máis importancia ás circunstancias que contribúen ao benestar humano e persoal da poboación.
España e Galicia atópanse entre o 20 por cento das poboacións máis felices do planeta. Este baremo vén determinado por distintos factores e tamén ten un elevado grao de subxectividade.