Publicador de contidos

Publicador de contidos

A TVG presenta a nova programación no "Luar" e lidera a audiencia do venres co 16,6 %

A TVG presenta a nova programación no "Luar" e lidera a audiencia do venres co 16,6 %

O novo “Luar”, conducido por Aitana del Mar e Xosé Ramón Gayoso, foi o espazo elixido para facer a presentación da tempada 25/26 da TVG e da Radio Galega

A TVG presentou a nova programación no Luar deste venres A TVG presentou a nova programación no Luar deste venres
G24.gal 13/09/2025 14:52

A Televisión de Galicia abre a súa nova tempada televisiva da mellor maneira posible: como líder absoluto de audiencia en Galicia cunha cota do 10,7%, deixando atrás a toda a súa competencia no total do día. E aínda houbo máis.

Igual que o xoves con “Land Rober”, este venres, o prime time –a franxa máis disputada do día– tamén tivo dono galego: a TVG acadou un 14,3% de cota, 3,4 puntos por riba do seguinte competidor, e foi a referencia no horario estrela.

O novo “Luar”, conducido por Aitana del Mar e Xosé Ramón Gayoso, foi o espazo elixido para facer a presentación da tempada 25/26 da TVG e da Radio Galega, congregando no seu escenario unha ampla representación de presentadores de programas e informativos da Galega, e a resposta do público foi outorgarlle o liderado de audiencia. O “Luar” obtivo unha cota do 16,6%, con picos de ata o 21,3% ás 23:55 horas.

Ademais, foi a emisión que máis galegos reuniu ao longo da xornada: 264.000 persoas conectaron nalgún momento coa súa emisión.

Os resultados de “Luar” confirman un regreso ás mellores marcas do programa nos últimos anos, desde setembro de 2023.

Os informativos, referentes de confianza

Os informativos da TVG foron os máis vistos da tempada de verán en Galicia, segundo os datos de Kantar Media. Para comezar este curso, no día de onte, os tres informativos principais da canle estiveron xunto co “Luar” no ranking das dez emisións máis vistas do día en Galicia: o Telexornal 1 acadou unha cota do 15,1%, o Telexornal 2 un 12,5% e, pola súa parte, o “Galicia Noticias” sumou un destacado 16,7% de cota.

A forza da Galega entre as públicas

Dentro do panorama das canles públicas, a TVG superou amplamente a TVE no total do día e no prime time.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade