Publicador de contidos

Publicador de contidos

A terceira vaga de calor volve traer temperaturas tórridas e noites sufocantes

A terceira vaga de calor volve traer temperaturas tórridas e noites sufocantes

Disparará os termómetros por riba dos 40 graos en gran parte da península

Galicia escapa dos valores extremos pero comeza a semana con sol

Os termómetros van superar os 40 graos no centro e no sur peninsular. EFE/Mariscal Os termómetros van superar os 40 graos no centro e no sur peninsular. EFE/Mariscal
G24.gal 16/07/2023 13:51

Unha nova vaga de calor, a terceira do verán, volverá azoutar a partir deste luns a Península e as Baleares. Disparará os termómetros por riba dos 40 graos en gran parte do país e traerá noites tropicais e sufocantes con mínimas que, en moitos lugares, non baixarán dos 25 graos.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), esta masa de aire cálido procedente de África afectará sobre todo os países ribeiregos do Mediterráneo e deixará en España temperaturas moi altas, por riba dos valores propios da canícula (o período máis cálido do ano).

Avisos da AEMET

Activaranse avisos meteorolóxicos en doce comunidades autónomas e nalgúns puntos haberá risco máximo: o luns en Andalucía e o martes en Cataluña, Aragón e as Baleares.

As temperaturas máis altas alcanzaranse o luns no centro, no interior sur e no val do Guadiana, onde se superarán de xeito xeneralizado os 40 graos. Na contorna do Guadalquivir, poderían alcanzarse os 44 graos.

De novo, o terzo noroccidental, e polo tanto Galicia, escapa dos valores extremos malia que as previsións falan de temperaturas en torno aos 30 graos nas provincias de Ourense e Pontevedra.

Centos de bañistas nunha praia de Valencia. EFE/ Kai Forsterling Centos de bañistas nunha praia de Valencia. EFE/ Kai Forsterling
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos