Publicador de contidos

Publicador de contidos

Encarece a tenreira galega, o seu valor duplicouse nos seis últimos anos

Encarece a tenreira galega, o seu valor duplicouse nos seis últimos anos

O sector celebra que a suba permita cubrir os custos de produción, que se dispararon nos últimos meses 

Os consumidores non o ven cos mesmos ollos, compran menos tenreira e optan por outras carnes máis accesibles

 

G24.gal 06/04/2026 14:20

Nunca se pagou tanto pola tenreira galega en orixe.

"O seu prezo medio está nos 8,40 ou 8,50 o quilo", comenta Santiago Rego, presidente da Asociación de Gandeiros de Tenreira Galega Suprema.

A suba foi de case un 20 por cento. Nótao o produtor e tamén o consumidor. 

"Está bastante disparado todo",di unha muller, outra engade: "Tiñan que subir os soldos".

Aínda así, a maioría non deixou de comprala.

"O bo hai que seguir consumíndoo", di unha muller, e outro home comenta: "Non deixei de consumir nin tenreira nin peixe, hai que alimentarse ben".

Algúns cómprana con menos frecuencia e menos cantidade.

"Procuro comela menos veces, pero si que a compro porque é moi boa", di unha muller.

Os bos prezos tamén están a animar a compra e venda de animais ente gandeiros.

"Sempre que podemos intentamos dimensionar as nosas explotacións e asi tamén poder asumir mellor a alza dos custos de producción que se dispararon últimamente", comenta Santiago Rego.
 

O primeiro trimestre adoita ser frouxo para a venda de tenreira, adoita baixar o prezo, este ano uns 30 céntimos, pero o sector confía en que os próximos meses se manteña a tendencia á alza do ano pasado. En seis anos este produto duplicou o seu valor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade