A suba do euribor encarece as hipotecas variables
Os bancos buscan medidas para frear o impacto nas familias. Sobre a mesa conxelar as cotas mensuais para evitar unha escalada de morosidade
As familias cada vez apertan máis o cinto e xa renuncian ao ocio
A suba do euríbor estase a converter nun serio problema para as familias.
"En breve teño que revisala, teño tres pequenas imaxínate a película"; dinos unha nai. Outra engade: "Conto que me suba entre 50 e 100 euros".
O encarecemento das hipotecas fai que non quede outra que...
"Hai que apertar o cinto", asegura unha muller.
Como?, porque xa saímos menos e consumimos menos.
"Reducín moito en ocio", cóntanos unha moza, e outro home di que xa recortou gastos "nas saídas e na hostalería".
A banca quere frear o impacto destas subas, evitar a morosidade polo que estuda conxelar as cotas mensuais. Unha medida di o economista, Roberto Bande, que "garante a devolución dos préstamos, que o negocio bancario siga funcionando é unha maneira distinta de atender un problema vello, que é o da morosidade cando os xuros aumentan".
A suba aféctalles ás hipotecas variables. O Goberno pídelles aos bancos que faciliten o cambio ás de tipo fixo. "Esas hipotecas variables trasladalas a tipo fixo, unha boa medida aprobada no 2019, e nestes momentos e un recurso moi positivo", dixo hoxe a ministra de Educación, Pilar Alegría.
Pero estas hipotecas cada vez son máis difíciles de conseguir e cos intereses á alza.
"Custounos moito atopar un banco que nos ofertase unha hipoteca de tipo fixo os bancos querían que fose variable", cóntanos unha rapaza que acaba de asinar un destes préstamos.
As previsións son malas para finais de ano. O euribor podería chegar ao 3 por cento, a suba máis alta da súa historia.