A Semana Verde de Galicia pecha as súas portas en Silleda este domingo
O recinto é durante estes días o epicentro do sector primario en Galicia
Disque cada un fala da feira segundo lle vai nela e nesta edición da Semana Verde de Galicia empresarios e visitantes amósanse satisfeitos por igual.
"É unha oportunidade para ensinar os nosos produtos, para visualizalos. Os días anteriores houbo unhas mesas, negociacións de xente de todo o mundo interesada en usar produtos."
"Novidades, presentacións, xente cociñando..., a verdade é que está moi ben para coñecer as empresas e os produtos da nosa terra, é moi interesante"
Produtos da terra pero tamén de fóra. Preto de 700 expositores e empresas de 24 países presentan as súas propostas neste recinto feiral de Silleda.
O cociñeiro explica como elabora unha paella de cocido. Tras a orixinal paella de cocido, o menú complétase mañá cunha degustación de carne de coello, pan de Cea e produtos de repostería
Máis de 200 actividades, demostracións ecuestres e caninas enchen o programa desta feira que aposta pola diferenciación e valorización do mundo rural.
A entrada é de balde pero hai que aboar tres euros polo aparcamento.