Publicador de contidos

Publicador de contidos

A semana laboral de 4 días debátese desde este venres en Valencia

A semana laboral de 4 días debátese desde este venres en Valencia

Os sindicatos cren que a dixitalización permite traballar menos coa mesma produtividade

A patronal cualifica a proposta de electoralista

O Goberno apoia a idea "sen rixideces"

Antón Montero 27/05/2022 20:35 Última actualización 27/05/2022 21:09

A semana laboral de catro días debátese desde este venres en Valencia. Os sindicatos cren que a dixitalización e a robotización da economía xa permiten facelo compatible co aumento da produtividade e o mantemento dos salarios.

Din que negar esta posibilidade é negar o progreso, en resposta a unha patronal que horas antes tachara a proposta de electoralista.

O presidente da CEOE, Antonio Garamendi, cre que "ultimamente vemos moitos debates enriba da mesa que son para gañar eleccións ou para convencer electores máis que falar en serio dos temas".

Respondeulle Pepe Álvarez, secretario xeral da UXT: "É unha afirmación pouco pensada ou moi retrógrada pensada para aqueles empresarios que, en troques de estar pensando na economía do mañá ou na economía de todos, están pensando na conta de resultados a curto prazo".

Para Unai Sordo, secretario xeral de CCOO, "pode mellorar os ratios de produtividade e a estrutura de custos das empresas, Creo que non hai que descualificar este tipo de medidas que ninguén está propoñendo de xeito taxativo desde a lei para todos os sectores".

O Goberno apoia a proposta sindical, pero con matices.

A ministra de Traballo, Yolanda Díaz, explicou que "non se trata tanto da xornada de catro días. Imos mirar máis cara aos modelos nórdicos e a posibilidade de que existan bolsas de horas en que os traballadores poidan dispoñer do seu horario de traballo, o poidan pactar, negociar".

O Goberno cre que o debate debería incluír tamén a extensión dos permisos para formarse e o maior control do uso das horas extraordinarias.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade