Publicador de contidos

Publicador de contidos

A selección encarrila o pase á gran final da Nations League

A selección encarrila o pase á gran final da Nations League

Gran estrea de Sonia Bermúdez ao frente do combinado nacional

Alexia Putellas e Claudia Pina , ambas en dúas ocasións, as goleadoras da selección

@SEFutbolFem @SEFutbolFem
G24.gal 24/10/2025 21:07

A selección española feminina deu un  paso de xigante de cara á clasificación á gran final da Natieons Legaue tras golear a Suecia, 3 – 0, na ida das semifinais. O partido, que era a estrea de Sonia Bermúdez como seleccionadora, foi dominado de principio a fin polo equipo español que se adiantou cedo no marcador cun maxistral lanzamento de falta de Alexia Putellas desde a frontal da área. Claudia Pina, que tivo que entrar no terreo de xogo pola lesión de Salma Paralluelo, acadaría o segundo gol cun forte disparo cruzado. O terceiro tamén chegaría antes do descanso. De novo obra de Alxia Putellas agora aproveitándose dun rexeite do pau longueiro. Na segunda metade España dominou sen problemas e tivo ocasións para incrementar a renda, Algo que conseguiría no tempo de prolongación grazas a un novo tanto de Claudia Pina cun dos seus característicos dosparos con rosca desde á frontal da área. 

O partido serviu para o retorno á selección de Mapi León, que foi titular e xogou os noventa minutos, e de Jenni Hermoso que entrou no terreo de xogo a cinco minutos do final.

O partido de volta disputarase este próximo martes en terras suecas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade