Publicador de contidos

Publicador de contidos

España achégase ao Mundial cun triunfo sobre Ucraína en Turquía (1-3)

España achégase ao Mundial cun triunfo sobre Ucraína en Turquía (1-3)

É a segunda vitoria consecutiva das de Sonia Bermúdez

Foto: @SEFutbolFem
G24.gal 07/03/2026 20:46

Nun día espeso e de escasa clarividencia, a selección española derrotou sen apuros a Ucraína nun partido que se disputou en Turquía malia a situación conflictiva da zona. Sonia Bermúdez apostou por un 11 con novidades, que tardou en situarse sobre o céspede. A primeira opción foi do equipo ucraíno pero pouco a pouco empezarona a aparecer as xogadoras de ataque españolas. 

Os goles, porén, agardaron ata case o 45. Marcou Edna o 0-1  aproveitando un grave erro de Kelushyk, que anteriormente estivera moito máis atinada noutras accións. No engadido desta primeira metade chegou o mellor gol da tarde. Levou a sinatura de Lucía Corrales. A lateral sacou da chisteira un espectacular disparo que corroboraba unha excelente actuación persoal.

Co 0-2, o partido estaba máis que encamiñado. Chegou o terceiro aos 10 minutos do reinicio. Case marcou Athenea e a acción conclúe en man e o conseguinte penalti. A barcelonista Vicky López atonou desde os 11 metros.

Edna tivo o cuarto nun par de accións pero o único que pasou ata o final foi o tanto da honra das ucraínas. Bo gol de Ovdiychuk, imparable para Misa.

Con relaxación final, España cumpriu o trámite e agora toca pensar na loita polo primeiro posto do grupo. O próximo rival, Inglaterra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade