Publicador de contidos
Publicador de contidos

A selección do galego Miguel Méndez viaxa a Hungría cos Xogos no horizonte

A selección do galego Miguel Méndez viaxa a Hungría cos Xogos no horizonte

Entre o xoves e o domingo o equipo feminino de baloncesto enfróntase a Xapón, Hungría e Canadá á procura dunha praza na cita de París

G24.gal 05/02/2024 21:23

A selección que dirixe o galego Miguel Méndez empezou a concentración para o Preolímpico de Hungría que se disputa entre o xoves e o domingo desta mesma semana. España xogará contra Xapón, Canadá e Hungría por unha praza nos xogos de París do vindeiro verán.

A selección sae este martes mesmo cara a Sopron, onde se disputará este Preolímpico. Das catro seleccións presentes en Hungría só unha quedará fóra dos xogos, pero o técnico galego non quere confianzas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade