Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno dá marcha atrás: conxela as cotas máis baixas dos autónomos e sobe entre 3 e 15 euros

O Goberno dá marcha atrás: conxela as cotas máis baixas dos autónomos e sobe entre 3 e 15 euros

A proposta contempla conxelar as cotas dos autónomos de menores ingresos (de 670 a 1.166,7 euros ao mes) e subir o resto entre 2,91 e 14,75 euros mensuais

Yolanda Díaz: "Benvido o cambio de posición do ministerio"

ATA ve lóxico conxelar cotas de autónomos de menores ingresos e rexeita que o resto suban máis que o IPC

G24.gal 20/10/2025 08:59 Última actualización 20/10/2025 18:58

O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións expuxo na mesa de negociación sobre autónomos unha nova proposta que contempla conxelar as cotas dos autónomos de menores ingresos (de 670 a 1.166,7 euros ao mes) e subir o resto entre 2,91 e 14,75 euros mensuais para 2026.

Desta maneira, a proposta prateada por Seguridade Social busca unhas subidas de entre o 1% e o 2,5% de maneira progresiva nos catro tramos da táboa xeral e será só para 2026, segundo indicou o secretario de Estado de Seguridade Social, Borja Suárez, este luns en Madrid.

Confirmou así o que avanzara a primeira hora a ministra de Inclusión, Elma Saiz, en El País. Unha proposta coa que o Goberno dá marcha atrás as subas previstas iniciaimente e suscitou críticas entre os autónomos.

Saiz subliña a importancia de elevar a protección social do autónomo, pero móstrase absolutamente sensible coa parte máis baixa das táboas, cos traballadores máis vulnerables, de menores ingresos.

O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións puxo a semana pasada sobre a mesa unha proposta de cotas para os traballadores autónomos para 2026, que supón elevar en 17 euros a máis baixa, ata os 217,37 euros mensuais, e subir a máis alta en 206 euros, ata os 796,24 euros. Nos outros dous tramos máis baixos da táboa, os incrementos de cotas mensuais eran de 14,85 euros para o segundo, ao pasar de 220 euros a 234,85 euros, e de 11,24 euros no terceiro, que subía de 260 euros a 271,24 euros.

A negociación dos tramos e cotas para os próximos tres anos sae do pacto pechado en 2022 entre todas as partes para implantar un novo sistema progresivo para que os autónomos coticen segundo ingresos e teñan dereito así a mellores prestacións.

 A vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz, asegurou que a proposta inicial do Ministerio de Inclusión sobre as cotas para os autónomos era "regresiva" e celebrou a súa rectificación: "Bienvenido o cambio de posición do ministerio de Inclusión", dixo.

 

ATA ve lóxico conxelar cotas de autónomos de menores ingresos e rexeita que o resto suban máis que o IPC

O presidente de ATA, Lorenzo Amor, afirmou este luns que é "algo lóxico" conxelar para 2026 as cotas dos autónomos nos tramos máis baixos de ingresos, tal e como anunciou a ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, Elma Saiz, que se propoñerá na mesa de diálogo social.

Agora ben, na súa conta de X, Amor advertiu de que se o Ministerio segue propoñendo subir as cotas para o resto de tramos por encima do IPC, contará co seu rexeitamento e posiblemente tamén do Congreso dos Deputados.

"Conxelar para 2026 as cotas aos autónomos con tramos máis baixos é algo lóxico, que pediramos. Pero subir para o resto de tramos por encima do IPC, seguirá sendo un sablazo e un atraco e contará co noso rexeitamento. Supoño que tamén co rexeitamento do Congreso. Eles saberán", sinala Amor no chío.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar