Publicador de contidos

Publicador de contidos

O ano 2026 chega con novidades para as facturas electrónicas

O ano 2026 chega con novidades para as facturas electrónicas

A partir de xullo os autónomos que realicen facturas electrónicas van ter que emitir un código QR  de verificación

Polo momento, os que as emiten á man, cunha folla de cálculo ou Excel, non o terán que aplicar

G24.gal 27/10/2025 14:31

Ana leva 6 anos á fronte da súa herboristería como autónoma. E xa se prepara para o novo sistema de facturación. No seu caso, como autónoma, deberá aplicar a normativa a partir de xullo, para as sociedades será xa o 1 de xaneiro de 2026.

Polo momento non afecta os que facturan de xeito manual, con follas de cálculo ou Excel. Verifactu é o sistema de Facenda para garantir a veracidade das facturas. Ademais, se usan outro programa terá que estar certificado.

Os autónomos denuncian que os tratan igual que as empresas con máis traballadores e departamentos específicos para levar a contabilidade. En Galicia, hai uns 200.000 autónomos, e practicamente 120.000 non teñen traballadores ao seu cargo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade