Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Congreso, cos votos en contra de PSOE e Sumar, pídelle ao Goberno revisar á baixa as cotas dos autónomos

O Congreso, cos votos en contra de PSOE e Sumar, pídelle ao Goberno revisar á baixa as cotas dos autónomos

A moción do PP saíu adiante co apoio de Vox, Junts, Coalición Canaria e UPN 

Esquerra e PNV abstíveronse; o resto dos socios habituais do Executivo votaron en contra

G24.gal 22/10/2025 15:26

O Congreso aprobou este mércores unha iniciativa do PP para pedir ao Goberno que revise á baixa "os impostos que pagan as familias e autónomos" e, entre outros puntos, non aplique unha subida de cotas aos traballadores por conta propia para o ano que vén e exima a estes de IVE cando facturen menos de 85.000 euros ao ano.

Estas peticións aprobáronse grazas ao apoio de Vox, Junts, Coalición Canaria e UPN. Do seu lado, Esquerra Republicana e PNV abstivéronse, mentres que, ademais dos partidos do Goberno, Podemos, BNG e Bildu votaron en contra.

A Cámara Baixa apoiou esas cuestións mediante unha moción consecuencia dunha interpelación urxente que o PP dirixiu a semana pasada á vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, María Jesús Montero. As peticións aprobadas enmárcanse a proposta que fixo o Goberno para conxelar as cotas aos autónomos que menos gañan e subila nos tramos superiores.

A proposta é consecuencia dunha rectificación do propio Executivo, debido a que nun primeiro momento pretendíase unha subida xeneralizada onde se incluían os tramos máis baixos. Ademais das medidas relativas aos autónomos, o Congreso tamén insta o Goberno a axustar o IRPF á inflación e exima de tributación ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI) en 2026.

 Outras das cuestións que se aprobaron, tamén co voto en contra dos partidos de Goberno, é pedirlle ao Executivo de Pedro Sánchez eliminar o gasto político superfluo da administración pública.

Tamén a Cámara Baixa pediulle ao Executivo unha reforma administrativa que reduza os trámites e cargas que "dificultan a actividade empresarial", simplifique as obrigacións fiscais, axilice permisos e procedementos, e garanta unha contorna máis favorable ao investimento e o crecemento. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade