Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Concello de Ourense propón subir as taxas do lixo un 44 %

O Concello de Ourense propón subir as taxas do lixo un 44 %

O recibo dunha vivenda na zona urbana pasaría de 125 a 181 euros ao ano

G24.gal 22/10/2025 14:13

Polo momento, non é máis que un anuncio que ten que aprobarse no pleno do Concello de Ourense, pero a Federación de Veciños Limiar xa fixo unha primeira valoración. Segundo o seu presidente, José Luis Lorenzo, a suba do 44 % nas taxa do lixo son "unha barbaridade".

Na zona urbana, o recibo de cada casa subiría 4,6 euros ao mes, pasando de 125 a 181 ao ano.

O comercio, a industria e a hostalería aínda non saben canto lles subirá a factura do lixo, pero agardan que a porcentaxe sexa menor que a anunciada para os particulares. Luís Rivera, presidente do Centro Comercial Aberto Ourense Centro, pídelle ao Concello que sexa "consciente da situación actual do comercio local" e que lles aplique unha suba "máis defendible" para os seus negocios.

O Concello, pola súa parte, asegura que está obrigado por unha normativa europea. Alega que as taxas levan conxeladas dende o 2013 e que así non se dá cuberto o que vale o servizo. Custa case doce millóns de euros e recádanse tres menos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade