Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescate de horas dunha muller morta e do seu fillo en Moaña

Rescate de horas dunha muller morta e do seu fillo en Moaña

Vivían rodeados de lixo e excrementos e tiñan obesidade mórbida

G24.gal 01/04/2026 14:30

Varias horas e dotacións de dous parques de bombeiros- os do Morrazo e os do Porriño- foron necesarios para rescatar o cadáver dunha muller con obesidade mórbida que vivía rodeada de lixo co seu fillo de 38 anos en Moaña.

Tamén foi precisa colaboración de persoal de obras do Concello. O persoal que atendeu a incidencia, algún con trinta anos de traxectoria non vira nada semellante nunca e valoran que serán precisos tres tráileres para baleirar o lixo da casa.

Tiveron que convencer tamén con man esquerda o fillo, que non quería abandonar a casa malia que tiña chagas na pel.

O fillo está ingresado polo de agora na Unidade de Psiquiatría do Cunqueiro. Nai e fillo son moi apreciados na vila. Pero, polas súas negativas a que a xente entrase na vivenda e as  condicións da casa non puideron ser axudados.

Os equipos de emerxencias e sanitarios acudiran o lugar en reiteradas ocasións nos últimos días. Ata o lugar tamén foron Policía Local, Garda Civil e a alcaldesa de Moaña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade