Publicador de contidos

Publicador de contidos

A seca pode reducir a colleita de castaña nun 30 %

A seca pode reducir a colleita de castaña nun 30 %

As castes autóctonas resisten mellor por ser máis tardías

A chuvia recente poden mellorar as expectativas

G24.gal 29/09/2022 20:47

A intensa calor do verán, a prolongada seca e os incendios afectan a campaña de castañas deste ano. Non se agarda superar os 14 millóns de quilos, cando nun ano normal se superan amplamente os 20 millóns.

A mestura de altas temperaturas e falta de chuvias impide que o froito adquira tamaño e sabor e fai que os vermes aparezan con facilidade. Con todo, as expectativas son mellores que hai unha semana. 

Tamén os incendios inflúen este ano. O Courel e Valdeorras, dúas das zonas máis produtoras, conseguiron salvar as árbores do lume pero follas e froitos quedaron moi danados e calcúlase que haberá pouca castaña.

Galicia conta co 60 % da superficie dedicada a castiñeiros de toda España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade