Publicador de contidos

Publicador de contidos

A seca bota a perder boa parte da colleita de millo

A seca bota a perder boa parte da colleita de millo

 Na bisbarra de Ferrolterra estiman que perderán polo menos o 30 % da produción por mor da seca prolongada

Alertan da repercusión negativa que terá para o sector gandeiro pola falta de forraxe e o encarecemento dos custos

Imaxe dunha das plantacións de millo que se botaron a perder pola seca en Mugardos
G24.gal 06/08/2026 14:52 Última actualización 06/08/2026 15:13

Xose Antón observa con resignación unha das suas plantacións de millo en Narón. Sementou unhas 55 hectáreas. A falta dun mes para o ensilado, o millo non ten a envergadura que debería, a espiga precisaría auga e non hai previsión de chuvia, polo que estima que se bote a perder boa parte da colleita. Calcula que entre un 20 e un 50 por cento no peor dos casos.

Os prezos dos insumos, o verme soldado e especialmente a seca están detrás da que os agricultores cualifican xa como pésima campaña.

En Mugardos, Domingo xa da por perdida case toda a colleita, polo mesmo motivo, a seca prolongada xa desde o mes de maio.

Os agricultores alertan da repercusión que isto vai ter no sector gandeiro, pola falta de forraxe e o encarecemento de prezos, porque a seca é xeneralizada, xa que non lle afecta só a Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade