A saraiba provoca un accidente con dous feridos graves o corte de tráfico da AG-55 en Carballo
A circulación atópase cortada en ambos os dous carrís da AG-55 sentido Coruña
O tráfico está a ser desviado no quilómetro 33 cara á estrada AC-552
A Direción Xeral de Tráfico (DXT) informa dun accidente na AG-55, ás 07:00 horas, no quilómetro 32,800 sentido A Coruña, por mor dunha saída de vía seguida de colisión con outro turismo, debido á presenza de saraiba na calzada.
📢⚫️En A Coruña, un siniestro provoca el corte total de la AG-55, a su paso por Carballo, en sentido a la capital de la provincia.
— Dir. Gral. Tráfico (@DGTes) January 27, 2026
➡️Incidente en el P.K. 32.
➡️Provoca 1 kilómetro de retenciones. pic.twitter.com/yq0xFPWjGA
Como consecuencia do sinistro, dúas persoas quedaron feridas graves e atrapadas e tiveron que ser evacuadas polos servizos sanitarios.
A circulación atópase cortada en ambos os dous carrís da AG-55 sentido Coruña. Nestes momentos, o tráfico está a ser desviado no quilómetro 33 cara á estrada AC-552.
No lugar, traballan patrullas de Tráfico, unha patrulla de Seguridade Cidadá, persoal de mantemento da vía, Bombeiros e Policía Local.