A rotura dunha tubaxe no Milladoiro causa cortes na subministración de auga
A perforación sucedeu no transcurso das obras de humanización da avenida Rosalía de Castro e do conduto emerxeu un gran chorro de auga
Veciños e establecementos comerciais agardan una resposta rápida ante os cortes de auga
A rotura este xoves dunha tubaxe xeral na avenida Rosalía de Castro, no Milladoiro, causa un gran chorro de auga e cortes na subministración.
Arredor das 11 da mañá, os operarios que realizan as obras de humanización na avenida perforaban por accidente unha tubaxe xeral. Como consecuencia, un gran chorro de auga brotaba do conduto, alcanzando incluso a metade da estrada que atravesa a localidade.
Segundo se aprecia nas imaxes, os vehículos continúan circulando con normalidade, aínda recibindo parte do chorro de auga.
Veciños e establecementos da zona confirman cortes no servizo de auga e agardan que se solucione a incidencia canto antes.