Cargando resultados...
Unha nova liorta reaviva a preocupación veciñal na Coruña
Os veciños levan xa tempo denunciando estes episodios violentos que relacionan coa actividade nocturna na zona
G24.gal
05/04/2026 13:25
Última actualización 05/04/2026 14:31
A Ronda de Outeiro da Coruña foi o escenario este domingo dunha nova pelexa. Nas imaxes, gravadas polos veciños, vese como varios mozos baten entre eles en plena rúa e á luz do día.
É un episodio que se repite con frecuencia nesta zona, nas proximidades da rúa Alfredo Tella. A liorta sucedeu sobre as nove e media da mañá.
Os veciños da zona levan xa tempo denunciando estes episodios violentos e a inquietude que xeran.
Din que estes incidentes se repiten cada semana e están relacionados coa actividade nocturna de varios locais da zona e co trapicheo e o consumo de drogas.