Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Ribeira Sacra prepara o regreso das feiras do viño

A Ribeira Sacra prepara o regreso das feiras do viño

Agardan poder celebralas con menos restricións que o ano pasado

Quiroga, Sober, Vilachá e Pantón xa programaron actividades

G24.gal 19/01/2022 20:57

Á falta de saber que sucede coa de Chantada, a de Sober será a primeira feira do viño na Ribeira Sacra e terá lugar ao comezo da Semana Santa. Sete días despois será a de Quiroga e xa en maio e xuño virán as de Vilachá, Pantón e Monforte. As comisións organizadoras están a traballar para pechar uns programas mínimos de actividades que poderán ampliarse se, como se agarda, a evolución da pandemia é positiva de aquí a marzo. O obxectivo é manter vivos uns certames que supoñen un importante escaparate para os viños.

En 2020 houbo que cancelar case a totalidade das feiras e en 2021 estiveron moi condicionadas pola pandemia, con capacidades reducidas e sen actividades nocturnas. As feiras do viño supoñen unha importante fonte de ingresos para o sector hostaleiro pola cantidade de turistas que atraen e serven como a mellor promoción para os adegueiros dos concellos onde se celebran. Especialmente este ano, cunha das mellores colleitas da historia.

De non poderse celebrar nas datas habituais, os concellos xa consideran trasladar as feiras aos meses de verán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade