Cargando resultados...
Unha feira do viño "moi especial" celébrase esta fin de semana en Vilachá, Pobra do Brollón
A XXXII edición da Feira do Viño de Vilacha celébrase en adegas medievais
G24.gal
03/05/2025 21:34
A parroquia de Vilachá, na Pobra do Brollón, celebra esta fin de semana a XXXII edición da Feira do Viño, un evento no que seis adegas e seis furanchos colleiteiros se instalan nunhas edificacións medievais nas que se facía o viño antigamente e que lle dan un sabor "moi diferente" á que os adegueiros cualifcan como unha feira do viño "moi especial", tanto pola calidade dos caldos que nesta zona da Ribeira Sacra se producen como polo emprazamento do evento.
Ademais, os cantos de taberna, a música tradicional e as catas conseguen que a xente faga un percorrido por todos os recunchos do recinto.