Publicador de contidos

Publicador de contidos

A rebaixa da protección ao lobo na UE xa é oficial

A rebaixa da protección ao lobo na UE xa é oficial

Os estados membros terán liberdade para manter medidas máis restritivas de defensa deste animal

(Europa Press/Ana Retamero/WWF) (Europa Press/Ana Retamero/WWF)
G24.gal 05/06/2025 11:15

O Consello da Unión Europea adoptou este xoves que se rebaixe a protección ao lobo na Unión Europea, pasando de "estritamente protexido" a só "protexido", aínda que os estados membros terán liberdade para preservar un estatuto do canis lupus máis restrinxido na súa lexislación propia.

A modificación lexislativa saíu adiante co voto a favor de todos os Estados membros salvo polas abstencións de España e Bélxica, á que se sumou tamén Polonia, país que fai de árbitro porque ostenta a presidencia do Consello da UE.

A decisión deste xoves é un paso formal para actualizar os Directiva Hábitats, pois os Vinte e sete -coa abstención de España, Polonia e Bélxica- xa se pronunciaron a favor de reducir a protección dese gran carnívoro, como propuxo a Comisión Europea de Ursula von der Leyen, e tamén o Parlamento Europeo, que avalou o plan con 371 votos a favor, 162 en contra e 37 abstencións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade