Publicador de contidos

Publicador de contidos

A raza rubia galega, de moda grazas a Superman

A raza rubia galega, de moda grazas a Superman

O interese de celebridades por este gando disparou a súa demanda no ámbito mundial

Exemplar de rubia galega na granxa onde Henry Cavill adquiriu un lote de cabezas de gando
Félix Aragunde 31/03/2026 20:43

O actor que encarnou papeis coma Superman ou The Witcher, o británico Henry Cavill, visitaba hai un ano unha explotación gandeira de Sabarei, no concello lucense do Corgo. Nela mercou un lote de animais reprodutores de raza rubia galega, que levou para a súa propia granxa na campiña inglesa. A partir de entón, non deixou de aumentar o interese, no ámbito internacional, por esta raza autóctona. 

"Dende que pasou por aquí a familia Cavill houbo un incremento moi elevado de animais para 'liña vida'. Levamos unha temporada tratando de atender a todo o mundo, pero é unha explotación familiar pequena e non damos cuberto neste momento a alta demanda que temos de animais. A xente agora quere incorporar animais de alta xenética, non lle vale calquera cousa. Animais con moi bo pedigree e cunhas boas cualificacións morfolóxicas", sinala José Antonio Ferreiro, xerente da granxa Finca Villadangos do Corgo

Ademais da selección xenética, na que priman a morfoloxía e o carácter dócil dos exemplares, a calidade dos pastos tamén resulta fundamental na posta en valor desta raza. Así e todo, malia o incremento dos prezos en orixe, o aumento dos custos de producción está a afectar o sector, en especial nos últimos meses.

"Hai unha alta demanda de animais, pero neste momento, dada a guerra de Oriente Medio, que nos colle en plena campaña de recollida de forraxe, fertilizado dos prados e ensilado, o beneficio que nos reporta o gran volume de demanda de animais para vida énos restado nos custos de produción que temos", explica Ferreiro. 

Xunto coa escocesa Angus e a xaponesa Wagyū, a rubia galega pouco a pouco está a lograr situarse entre as que están consideradas, polas súas características organolépticas, as mellores carnes de vacún do mundo. Este feito tamén chamou a atención do célebre chef Gordon Ramsay, que mesmo situou a raza autóctona de Galicia no máis alto do podio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade